O Parque Rosalía de Castro de Friol acollerá este sábado o espectáculo familiar 'Rendos Pequeno'

LugoXa | TerraChaXa
A proposta mestura teatro, música, comedia e maxia nunha función participativa para todos os públicos
FRIOL obra rendos pequenos
5 Aug 2026

O Parque Rosalía de Castro de Friol converterase este sábado, 8 de agosto, nun escenario ao aire libre para acoller o espectáculo 'Rendos Pequeno', unha proposta dirixida ao público familiar que dará comezo ás 19.00 horas.

A función presenta a historia dun charlatán que chega á vila cun posto cheo de supostos remedios para todo tipo de males. A partir desta premisa, o actor Félix Rodríguez desenvolve un espectáculo no que se combinan teatro, música en directo, humor, maxia e a participación do público.

A montaxe está dirixida por Fran Rei e está pensada para espectadores de todas as idades, apostando por un formato dinámico no que a interacción cos asistentes forma parte da representación.

A actividade forma parte da programación cultural de verán organizada en Friol e busca ofrecer unha alternativa de lecer para as familias durante a fin de semana.

0.1204719543457