O Partido Popular pide o arranxo da ponte romana

LugoXa
O Partido Popular pide o arranxo da ponte romana para evitar danos maiores na estrutura no caso de novas crecidas
Ponte romana danos
Ponte romana danos
20 feb 2023

O Partido Popular pide o arranxo da ponte romana para "evitar danos maiores na estrutura no caso de novas crecidas". Antonio Ameijide explica que "dous dos tajamares que serven de protección aos piares están danados, tras perder varias das pedras que forman a súa estrutura".

"Unha imaxe que pese a xerar alarma entre a cidadanía semella non afecta á propia estrutura da ponte romana, pero cómpre arranxalos o antes posible para evitar danos maiores no caso dunha nova crecida do río" declaran dende o Partido Popular.

O concelleiro popular explica que "hai poucos días puidemos ver na prensa como responsables do Concello de Lugo acudían á ponte romana para facerse unha foto mentres retiraban o tronco dunha árbore, unha actuación necesaria para evitar máis danos na ponte pero “cómpre realizar o mantemento completo e non quedar na foto dun día”.

A realidade é que "a día de hoxe aínda poden verse troncos incrustados na estrutura da ponte, o que demostra a nula preocupación do goberno local polo estado desta infraestrutura pola que pasan a diario miles de lucenses,
ben sexa paseando ou facendo deporte" conclúen dende o PP.

Danos Ponte Romana