O Pastor Díaz acollerá o sábado teatro contemporáneo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o sábado 2 de outubro, ás 2.
Captura de pantalla 2020 01 29 a las 12.03.23
31 Out 2019

O teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o sábado 2 de outubro, ás 2.30 horas, a función do grupo Artesacía, Chola a it Girl, unha obra de teatro contemporáneo que forma parte da rede galega RGTA.

Está dirixida ao público adulto e a autora é Laura Villaverde, quen tamén dirixe e adapta a obra. A escenografía corre a cargo de Roi Fernández, o deseño de Lucía Martínez, o vestiario de Carmen Carrera e Laura Villaverde, a música de Lucía Martínez, a coreografía é de Laura Villaverde e ela mesma supón o elenco artístico.

Chola é mecánica de coches, blogueira e youtuber galega e é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexas para poder descubrir quen somos, qué nos gusta, qué nos divirte e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.

Para todo isto, axudarase de videos exclusivos, proxectados con técnica de videomapping, desafíos en vivo, consellos automobilísticos e dunha gran dose musical. Cando parece que o show envolve a escena, revélase nun descuido de Chola no medio do show un cadaleito que sae do maleteiro do coche, no que está o cadaver de Lito. A través dun diálogo Chola deixa entrever ó público un outro traballo non tan glamuroso.

E é a partir de aquí onde Chola revela a súa connotación de It girl con inxenio, humor e personalidade reflexando a súa realidade imperfecta, que está fora dos canons da imaxe actual da felicidade e do que debería ter éxito virtual. Manifestando a importancia da sabedoría popular e do uso das novas tecnoloxías a través das diversas situacións nas que se pode ver unha muller adiantada respecto oa tempo e a sociedade rural na que vive, polo seu inconformismo, talento, forza, e personalidade, pero tamén, pola súa busqueda incansabel de posibilidades para cultivarse e aprender, e pola súa teima e constancia por fuxir dos canons actais do que debería ser unha muller tendencia.

0.2010350227356