O Pastor Díaz de Viveiro acollerá a obra 'Dúas donas que bailan'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O sábado 17 de outubro ás 20.
1 1
15 Oct 2020

O sábado 17 de outubro ás 20.30 horas o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá a representación da obra Dúas donas que bailan de Teatro do Atlántico.

A obra trata sobre unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións dos fillos e tamén da axencia propietaria do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda.

A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana. A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura, de mediana idade, obrigada polas circunstancias a aceptar o traballo. O seu carácter contestatario é parello ao da vella, outrora unha muller rebelde e activista. A presenza da contratada non é ben recibida, e cada xornada convértese nun inquietante e por veces traxicómico enfrontamento.

0.14011192321777