O Pavillón Municipal do Corgo acolle o V Trofeo de Patinaxe Artística

O Pavillón Municipal do Corgo será o escenario da quinta edición do Trofeo do Corgo de patinaxe artística, que se celebrará os días 1 e 2 de maio de 2026 a partir das 16:00 horas. O evento está organizado polo Club de Patinaxe Artística do Corgo.
Na competición participarán patinadores e patinadoras convidados de diferentes clubs, entre eles o CP Maxia, o CPA Oleiros e o CPA Buxaina. Ademais, tamén tomarán parte todos os deportistas do club anfitrión, pertencentes ás categorías de iniciación, niveis e amateur.
A entrada será de balde e espérase unha ampla asistencia de público para apoiar aos participantes nesta cita deportiva.