O Pazo de Feiras e Congresos acolle esta fin de semana a XVI edición de Lugo Autoocasión
O Pazo de Feiras e Congreso acolle esta fin de semana a XVI edición de Lugo Autoocasión, un evento plenamente consolidado que, ano a ano, atrae a miles de visitantes interesados na adquisición dun vehículo de quilómetro cero ou de ocasión, polo que non só incentivará o sector da automoción senón tamén a economía da cidade.
No acto de inauguración estivo a alcaldesa Lara Méndez, o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández; o deputado provincial Pablo Rivera; Ruben López, xerente do Pazo de Feiras e Congresos, e Luis Abelleira, Presidente de Aprevar.
Nesta edición de Lugo Autoocasión, que se celebra do 25 ao 27, de 11:00 a 21:00 horas, participan 18 concesionarios de Lugo e provincia e estarán presentes as principais marcas do sector. Este gran hipermercado do motor permitirá aos visitantes e potenciais clientes dos expositores comparar, probar, financiar e asegurar o automóbil desexado.