O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle a III Feira de Educación, Formación e Emprego

LugoXa
O evento celebrarase os días 17 e 18 de marzo e reunirá a estudantes, centros educativos e institucións académicas
presentación-Feira-de-Emprego-Xunta-Lugo
12 Mar 2026

A cidade de Lugo volverá converterse nun punto de encontro para estudantes e institucións educativas coa celebración da III Feira de Educación, Formación e Emprego, promovida pola Xunta e programada para os días 17 e 18 de marzo no Pazo de Feiras e Congresos. A feira reunirá numerosos centros educativos e entidades académicas que darán a coñecer a súa oferta formativa ao alumnado interesado en continuar os estudos ou explorar novas vías profesionais. Durante as xornadas, as persoas asistentes terán a oportunidade de informarse sobre distintos itinerarios educativos, tanto universitarios como de formación profesional.

Este evento consolídase como unha referencia para o alumnado lucense, congregando cada ano milleiros de visitantes interesados en coñecer as posibilidades formativas e laborais dispoñibles tras rematar a etapa educativa obrigatoria. Desde a Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo colaboraran na organización, facilitando o acceso ao recinto mediante o servizo de autobuses urbanos, co fin de que o alumnado dos diversos centros da cidade poida desprazarse con comodidade ata o Pazo de Feiras e Congresos.

Rubén Arroxo destacou a relevancia desta iniciativa, sinalando que “este tipo de eventos son fundamentais para orientar ás mozas e mozos nun momento clave da súa vida académica e profesional”. O Tenente Alcalde engadiu que “desde o Concello queremos facilitar que o maior número posible de estudantes poidan asistir, e por iso poñemos á súa disposición o transporte urbano”.

0.10744714736938