O Pazo de San Marcos acolle mañá un coloquio sobre coidados
O Pazo de San Marcos acollerá mañá xoves 3 de novembro o coloquio Cara a unha ética do coidado. Desafíos e compromisos organizado polo Comité de Ética Asistencial da Área Sanitaria de Lugo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
As intervencións afondarán na implicacións desta perspectiva do coidado no exercizo das profesións sanitarias, na xestión dos recursos e das institucións e na propia sociedade.
Rubén Molano será o moderador deste coloquio no que participan Isabel Vila Iglesias enfermeira, Isabel Sánchez Fernández traballadora social e Laura Vilaboy educadora social e membro do proxecto Comunidades compasivas.
A palestra, de interese para profesionais do ámbito sanitario e sociosanitario e público en xeral, comezará ás 18.30 horas