O Pazo de San Marcos contará cun espazo para informar á cidadanía sobre como conter as ameazas de internet

LugoXa
A Deputación de Lugo e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), dependente do Ministerio de Transformación Dixital, habilitarán un espazo no Pazo de San Marcos para informar e formar á cidadanía sobre como conter as ameazas de internet.
Pazo San Marcos Lugo
3 Dec 2023

A Deputación de Lugo e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), dependente do Ministerio de Transformación Dixital, habilitarán un espazo no Pazo de San Marcos para informar e formar á cidadanía sobre como conter as ameazas de internet.

En concreto, a Sala de Exposicións acollerá os vindeiros luns e martes, 4 e 5 de decembro, Experiencias itinerantes sobre ciberseguridade, que consistirá nunha zona informativa e outra de actividades gratuítas enfocadas a detectar os riscos e previr os problemas máis habituais en materia de ciberseguridade.

Entre os obxectivos desta iniciativa, dedicada á cidadanía en xeral, está o de reforzar a confianza no ámbito dixital a través da formación en materia de ciberseguridade, para mellorar a capacidade das persoas de desenvolverse con confianza na era dixital.

Este espazo contará con tres zonas diferenciadas: unha zona informativa, unha zona demostrativa e de capacitación, e unha zona de gamificación que contará con diferentes ordenadores.

O público obxectivo é o alumnado, as familias, e as empresas, que poderán acceder ao espazo en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. A zona demostrativa terá capacidade para 12 persoas ao mesmo tempo e a de gamificación para 24.

0.19180297851562