O Plan de Turismo Sostible do Concello de Lugo, protagonista nun seminario en Portugal

LugoXa

O Plan de Sostibilidade Turística “.

IV Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do turismo
IV Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do turismo
18 abr 2024

O Plan de Sostibilidade Turística “...Et edendo, Lucus: un recorrido histórico pola enogastronomía”, do Concello de Lugo para o que acadaronu unha achega de 2 millóns de fondos europeos Next Generation, e as actuacións realizadas polo Goberno municipal para mellorar a accesibilidade ao patrimonio histórico e arqueolóxico da cidade foron protagonistas no IV Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do turismo celebrado no municipio luso de Vila Real.

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, participou na primeira mesa redonda da xornada baixo o título “Cidades e eventos accesibles”, na que expuxo os obxectivos deste Plan. Unha iniciativa que permitirá “posicionar ao municipio de Lugo como un destino enogastronómico mediante un conxunto de actuacións no eido da transición dixital, a eficiencia enerxética, a competitividade e a transición verde e sostible”.

Por outra banda, o concelleiro lembrou que o Concello leva dende o ano 2006 ·aplicando a perspectiva da accesibilidade nos grandes programas de investimento que se foron executando e se están a executar para conseguir unha cidade sen barreiras, tanto para a veciñanza lucense, como para as persoas que cada ano nos visitan”.

Apuntou como exemplo o proxecto Corazón Verde entre Murallas, co que o executivo municipal está a completar a peonalización integral do Centro Histórico do municipio “O Plan de Sostibilidade Turística tamén nos permitirá avanzar na implantación da accesibilidade no modelo de xestión turística na cidade de Lugo, ampliando o noso ámbito de intervención de accesibilidade física no espazo público á accesibilidade experiencial e visual”, apuntou o responsable de Dinamización Económica.

No IV Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do turismo, organizado polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, participaron representantes de municipios e cidades de Galicia e de Portugal como Vila Real; Santa Maria da Feira; Barcelos; Fafe; Matosinhos ou Ourense.