O PM Friol B logra o título de campión de grupo e o ascenso a Segunda

O equipo filial feminino do PM Friol logrou facerse co título de campión do grupo 4 de Terceira División Galega Feminina tras golear na casa (6-0) no último partido ao Carballedo.
Xunto a este título vén aparellado o ascenso a Segunda, una categoría que deixou na tempada pasada ao quedar.
O equipo friolés logra o título despois dunha intensa tempada, na que a vitoria foi o eixo principal, con 13 partidos de 16, mentres que sufriu 2 derrotas e sumou un empate, precisamente co seu maior rival polo título, o Chantada, equipo que aínda ten dous partidos por xogar.
Malia que o equipo do sur da provincia ten opcións de igualar en puntos, o golaverage daríalle vantaxe ao Friol B para manter o título, xa que o ascenso está complemente asegurado porque soben dous equipos de cada grupo.
O PM Friol B competiu este ano xunto ao resto de equipos da provincia da mesma categoría, o Monte Forte, o Carballedo, o San Roque e a Comercial, os dous primeiros quedan sen opcións de ascenso a falta dun partido e o lugués pecha a lista.