O Pol B proclámase campión do I Cuadrangular Vila de Castro

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O filial do equipo polense superou o Pastoricense e impúxose ao Celta Barreiros na final, decidida nos penaltis, nunha xornada marcada polo fútbol, a calor e o bo ambiente
cuadrangular-pol-b
7 Sep 2026

Castro viviu unha intensa mañá de fútbol coa celebración do I Cuadrangular Vila de Castro, unha cita organizada polo CD Castro que reuniu tamén ao Pol B, á UD Pastoricense e ao Celta Barreiros.

O torneo rematou coa proclamación do Pol B como campión, despois de superar o Pastoricense no primeiro encontro e lograr o pase á final, na que se enfrontou ao Celta Barreiros. O título tivo que decidirse na quenda de penaltis, na que o filial do Pol conseguiu finalmente a vitoria.

A competición serviu ademais como unha boa oportunidade para os equipos de continuar coa súa preparación de pretempada, sumar minutos e avanzar na posta a punto antes do comezo da liga.

Desde o CD Castro agradeceron a participación dos tres equipos e destacaron a deportividade demostrada ao longo da xornada, así como a presenza de afeccionados que se achegaron ata a localidade para gozar dunha mañá de fútbol.

No apartado individual, Dani foi elixido mellor xogador do torneo, mentres que Xoel disputou os seus primeiros minutos co filial, unha experiencia que lle permitirá seguir gañando ritmo e acumulando experiencia.

 

0.14706087112427