O polideportivo de Castroverde loce un novo mural de Rosalía
LugoXa
O polideportivo de Castroverde loce dende este sábado un mural homenaxe a Rosalía de Castro do artista Van Kraft.
10 May 2021
O polideportivo de Castroverde loce dende este sábado un mural homenaxe a Rosalía de Castro do artista Van Kraft, dentro da programación organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo arredor da figura da poeta. O muralista tamén plasmou durante esta fin de semana a imaxe de Rosalía de Castro na Casa da Cultura de palas de Rei e no CEIP Santo Estevo de Parga, en Guitiriz.
As actividades promovidas pola Vicepresidencia, que se puxeron en marcha o pasado 24 de febreiro, coincidindo co aniversario do nacemento da autora, inclúen 20 intervencións artísticas e 15 representacións teatrais en concellos de todas as comarcas.