O Portomarín Beerfest regresa co mellor da cervexa internacional

LugoXa
O festival contará coa presenza dos propios mestres cervexeiros, que compartirán a súa paixón e coñecementos en catas exclusivas
Cartel-Beerfest-Portomarín
6 Apr 2025

O esperado Portomarín Beerfest volve, e promete converterse no evento cervexeiro do ano. Durante os días 2 e 3 de maio, todos os amantes da cervexa poderán gozar dunha selección de cervexas procedentes de países como Escocia, Bélxica, Portugal, Hungría, Francia e Polonia. Ademais, o festival contará coa presenza dos propios mestres cervexeiros, que compartirán a súa paixón e coñecementos en catas exclusivas.

Este evento levarase a cabo na Praza do Camiño, onde os asistentes poderán mergullarse nun ambiente único, rodeados de sabores internacionais. Entre as cervexeiras convidadas destacan nomes tan prestixiosos como Mad Scientist, Vault City, 3 Fonteinen, Letra, La Canibal e La Quince.

Con a súa oferta de cervexas de alta calidade, xunto á oportunidade de coñecer aos expertos na materia e gozar de boa música, o Portomarín Beerfest consolídase como un dos festivais máis destacados do panorama cervexeiro.

⚙ Configurar cookies
0.19205784797668