O PP acusa a PSOE e BNG de deixadez no conflicto laboral da gardería Gregorio Sanz

LugoXa
O PP acusa a PSOE e BNG de deixadez de funcións e critica a desinformación aos pais e nais no conflicto laboral da gardería
Gardería-Gregorio-Sánz-Lugo
14 Out 2024

O PP acusa a PSOE e BNG de deixadez de funcións e critica a desinformación aos pais e nais no conflicto laboral da gardería Gregorio Sanz. Para o Partido Popular “o Goberno local non está á altura das circunstancias na crise aberta na gardería municipal, a situación de maior irresponsabilidade vista no concello de Lugo nas últimas dúas décadas” lamentando a deixadez de funcións así como a falta de información ás familias que precisan do servizo da gardería municipal.

Elena Candia que lembrou que este conflicto laboral arrastra dende o ano 2014/2015 se agravou no ano 2019 recriminándolle á alcaldesa que, por aquel entón era concelleira responsable de persoal “enviou á fiscalía esta cuestión”. Piden responsabilidades ao Concello dos motivos polos que o conflicto laboral deste centro non se atallaron a tempo xa que aseguran que “Paula Alvarellos era coñecedora desta situación” explicando que “fixeron caso omiso da petición de axuda das traballadoras; tampouco contestaron ao Valedor do pobo; nin a inspección de traballo nin ao Comité de Avaliación de Acoso laboral".

Aseguran que ademais o pasado 2 de setembro as traballadoras advirten do que ía acontecer. A popular tamén se referiu ao informe do Comité de avaliación de Acoso Laboral que se creou o 22 de xullo de 2022 para resolver esta casuística no que se propoñen varias medidas para resolver este conflicto laboral e llas remite órgano municipal competente e á delegada de persoal, Paula Alvarellos, para que adopte a resolución que corresponda no prazo de 10 días que nunca se chegan a materializar e engadiu que nin tan sequera se fixo un protocolo de acoso tal e como se recomendaba.

Neste contexto, lamentan a incerteza que supón para pais e nais das garderías de Gregorio Sanz e Serra de Outes sobre o que vai suceder, xa que como solución provisional contratouse a unha empresa privada a través dun contrato de emerxencia en vez de recurrir ás listas de interinidade. Por último, dende o Grupo Popular puxéronse a disposición de traballadoras e pais e nai informándolles a través dun escrito, que está no taboleiro da propia gardería, dos pasos que a agrupación está a dar para contribuír a que “haxa unha información clara e transparente e que de maneira urxente se adopten as medidas necesarias para que a calidade do servizo e a tranquilidade dos usuarios sexa o primeiro”. Para os populares tamén resulta inexplicable e indignante “o descoñecemento e a deixadez de socialistas e nacionalistas cos problemas de funcionamento da gardería unha vez que se lles comunica a situación na que está, así como a falta de implicación e de poñer riba solucións.

0.1948459148407