O PP acusa ao Concello de desviar os fondos previstos para amañar Fermín Rivera

LugoXa
Os socialistas defenden esta medida porque hai outro proxecto maior previsto para esta zona e aseguran que os cartos foron para O Castiñeiro
fermin-rivera-obras
26 Dec 2025

O Partido Popular de Lugo quere puxo hoxe o foco na situación que sofre a rúa Fermín Rivera, onde os cortes no subministro de auga son moi frecuentes, o último estes días de Nadal afectando a vivendas, negocios e instalacións deportivas como o Club Fluvial.

Non se trata dun problema novo nin puntual. É a consecuencia directa dunha rede obsoleta, que require dunha renovación integral e que o propio goberno local recoñeceu nos seus orzamentos para este 2025 onde figuraba unha partida de 100.000 euros destinada á renovación do saneamento, abastecemento e pavimentación de Fermín Rivera.

Pero os cartos que tiñan reservados para esta actuación retiráronse: o 30 de setembro de 2025, o Concello aprobou un decreto polo que se modificou o plan de investimentos, desviando eses fondos para impulsar outras actuacións no barrio do Castiñeiro.

Cómpre lembrar que o Concello recibiu a titularidade de Fermín Rivera en 2020, trala cesión da Deputación Provincial da LU-P-2911 e que aceptou a súa propiedade a pesar de que presentaba unhas deficiencias importantes.

En marzo de 2025 anunciouse un Protocolo, esta declaración de intención entre o Concello, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil non confirma ningún compromiso ou dotación económica por parte de ningunha das dúas administracións.

Dende o PP de Lugo lembran que non se pode falar de plans estratéxicos nin de integración do río mentres se manteñen canalizacións que rebentan unha e outra vez

Por la súa banda, o Concello asegura que cando se confeccionaron os orzamentos de 2025 gardouse efectivamente unha partida para Fermín Rivera, xa que o propósito do Goberno local "é desde hai tempo actuar nesta zona".

Con todo, ao longo de 2025 Concello e Confederación asinaron un convenio de actuación para esta contorna "que implica un proxecto moito máis beneficioso para a contorna pegada ao río e de moitísimo máis calado", algo que xa esta anunciado desde hai meses.

"Por tanto, e como é lóxico o diñeiro previsto no orzamento destinouse a mellorar outras zonas xa que a renovación da contorna de Fermín Rivera farase dentro do marco desta colaboración coa CHMS. Insisto, non é nada novo, leva meses anunciado e nos próximos días haberá ampla información sobre iso", sentenciaron no Concello.

⚙ Configurar cookies
0.19860982894897