O PP asegura que con Besteiro Lugo seguirá outro verán máis sen praia fluvial

LugoXa
O PP de Lugo asegura que con “Besteiro o único que se garante é que os lucenses seguiremos outro verán máis sen praia fluvial.
pp de lugo
12 Feb 2024

O PP de Lugo asegura que con “Besteiro o único que se garante é que os lucenses seguiremos outro verán máis sen praia fluvial. A formación política lembran  o candidato do PSOE foi quen, estando de concelleiro en Lugo prometeu, hai 15 anos, “facer a praia fluvial nos Robles un proxecto do desistiron os socialistas en 2016 cando non presentaron a documentación requirida pola CHMS”.

Deste xeito, replícanlle ao PSOE que leva anos dicindo que ten na súa folla de ruta a creación da praia fluvial no Miño e que o seu discurso “non é crible”, lamentando que Lara Méndez converta esta campaña “nun carrusel de mentiras para xustificar o seu inmobilismo neste e noutros temas”.

Así o manifestan recordando que no 2016, “os socialistas renunciaron á localización proposta nos Robles tal e como se documenta no escrito da CHMS de 2016, onde a Deputación, gobernada por PSOE e BNG, desistiu do proxecto e non presentou documentación requirida”. Posteriormente, buscaron outra localización, “á altura da Tolda que hoxe volveron a defender en contra das dun demoledor informe da UNESCO”. Neste documento, recóllese que a localización e o proxecto non son idóneos “ao supoñer un lugar inseguro para os bañistas debido ao pouco calado que hai, porque ocasiona un prexuízo para o medio ambiente e porque supón un perigo para as outras declaracións Patrimonio da Humanidade”.

0.11442399024963