O PP considera un dispendio de cartos a obra do muro de Cidade de Viveiro

LugoXa
O PP de Lugo di que o retraso da execución da obra do muro de Cidade de Vivero custou aos lucenses, en 2023, 202.
MURO FREI PLaCIDO pp mar
MURO FREI PLaCIDO pp mar
31 ene 2024

O PP de Lugo di que o retraso da execución da obra do muro de Cidade de Vivero custou aos lucenses, en 2023, 202.162,41 euros.  A concelleira Mar Carballas apunta que “é urxente axilizar esta intervención para evitar máis gastos innecesarios froito do incumprimento dun compromiso do goberno local”.

A popular considera un despropósito que se estean pagando 3.000 euros todos os meses a unha empresa polo alugueiro do apuntalamento.

Afirma que no ano 2022, o tenente alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que se levaría a cabo o apuntalamento do muro que comunica as rúas de Cidade de Viveiro con Rei Plácido, manifestando que esta medida permitiría realizar catas para avaliar detalladamente o desgaste da estrutura.

"Este anuncio fíxose á vez que se daba un prazo para executar a obra no ano 2023, incluíndo unha partida nos orzamentos municipais de 650.000 euros que non se executaron", engade.

"Este incumprimento da palabra dada non só evidencia a incapacidade do goberno local para cumprir cos seus propios compromisos, senón que tamén reflicte o dispendio de fondos públicos, cun gasto significativo no apuntalamento que supera os 83.704,57 euros e que, en parte se poderían ter aforrado de ter realizada a obra", critica.

Afirma que os cidadáns merecen unha explicación "clara e transparente sobre este desvío de fondos e a falta de execución dun proxecto anunciado que a estas alturas non está nin empezado". A concelleira Mar Carballas pregúntase: "por que motivos non se cumpriu con esta promesa?"