O PP critico co alcaldesa de Lugo polo cambio de localización do novo centro de saúde do Sagrado Corazón

LugoXa
O PP lembra que a alcaldesa inicialmente ofrecera á Xunta de Galicia os terreos do antigo colexio para esta infraestrutura
centro_saude_sagrado_corazon
8 Out 2024

O Partido Popular de Lugo, a través do seu vicevoceiro Ramón Cabarcos, acusou á alcaldesa de Lugo de demostrar "falta de proxecto, de palabra e de seriedade" ao modificar a ubicación proposta para o novo Centro de Saúde do Sagrado Corazón. O PP lembra que a alcaldesa inicialmente ofrecera á Xunta de Galicia os terreos do antigo colexio para esta infraestrutura, mais agora suxire unha nova localización que, segundo Cabarcos, "nin sequera é da súa propiedade e está pendente de urbanizar".

O vicevoceiro destacou que este cambio de opinión contradí os compromisos adquiridos pola anterior alcaldesa coas veciñas e veciños do barrio. Ademais, acusou á actual rexedora de empregar declaracións críticas contra a Xunta como "unha manobra para desviar a atención" e culpar á administración autonómica dos retrasos na execución do proxecto. Cabarcos tamén advertiu que este cambio de localización supón un desperdicio de recursos e tempo para a Consellería de Sanidade, que xa traballara sobre a proposta inicial do Concello e presentara un proxecto que fora ben recibido pola veciñanza.

O PP destacou que o novo centro de saúde no Sagrado Corazón é unha prioridade para a Xunta, tal e como se comprometeu o Conselleiro de Sanidade en varias ocasións, reafirmando o apoio da administración autonómica ao Plan de Infraestruturas Sanitarias. Desde o grupo municipal do PP de Lugo conclúen que a xestión municipal está marcada pola "falla de eficacia" e a "falta de planificación", pero lembran que isto non debe implicar a outras administracións na mesma falta de organización.

0.14303708076477