O PP de Cervantes reclama melloras no acceso a dúas vivendas de Castelo de Cais

LugoXa
Os populares aseguran que os propietarios levan máis de seis anos pedindo o arranxo e ensanche do camiño
PP-de-Cervantes-camiño-Castelo-de-Cais
16 Sep 2026

O PP de Cervantes reclama ao Concello unha solución para o acceso a dúas vivendas da aldea de Castelo de Cais, cuxos propietarios levan anos solicitando o arranxo e ensanche do camiño.

Segundo os populares, nun dos casos os propietarios levan máis de seis anos presentando reclamacións e escritos ao Concello. Actualmente xubilados, queren establecer a súa residencia na aldea, pero o camiño é tan estreito que nalgúns puntos apenas permite o paso dun turismo.

O PP advirte de que as condicións do acceso poderían dificultar o paso de ambulancias, vehículos de servizos básicos ou maquinaria necesaria para realizar obras nas vivendas. Ademais, sinala que os propietarios da parcela lindeira coa zona que sería necesario ensanchar son os propios afectados, polo que, segundo indican, existe disposición para facilitar a actuación.

Os populares lembran que levaron esta situación ao pleno hai case tres meses e que o Goberno local se comprometeu a visitar a zona e buscar unha solución. Porén, aseguran que esa visita aínda non se produciu.

Desde o PP consideran que o caso evidencia a dificultade para fixar poboación no rural e critican a falta de actuación municipal ante uns veciños que, segundo sinalan, queren vivir en Castelo de Cais.

0.13267087936401