O PP de Foz afirma que ningún partido no Goberno pagou os gastos do selectivo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O concelleiro do Partido Popular de Foz, Javier J.
5 Xuño 2020

O concelleiro do Partido Popular de Foz, Javier J. Castiñeira, ven de contestar as afirmacións "manipuladas" do Goberno PSOE-BNG respecto á débeda polos gastos da selectividade ao Concello de Viveiro.

Así, quere aclarar "que a débeda está baseada nun convenio que intervención entende que non ten validez por ser un servizo que non é competencia do Concello e as facturas presentadas polo Concello de Viveiro sempre foron reparadas pola intervencion que entende non son legais. Nun sentido xenérico o que se esgrimía é que o Concello de Foz non pode pagar facturas a outro Concello por un servizo que non é da súa competencia", di o voceiro popular.

Segundo, Castiñeira di qu a débeda existente "non so é do Goberno popular que estimaba que non se podía levantar ese reparo e o comunicou insistentemente ao Concello de Viveiro,  senón tamén do anterior Goberno socialista que facía exactamente o mesmo".

E por último "se o bipartito quere facer ese pago será incumprindo os informes de intervención incluindo o expediente nun recoñecemento extraxudicial de 635.000 que leva ao pleno e que precisamente PSOE e BNG nos últimos anos votou en contra precisamente por ter reparos de intervención".

Para os populares de Foz a xestión económica popular nestes anos "é intachable e exemplar", non así as do último Goberno socialista de Rivera. Proba delo é que "se o Goberno actual vai pagar esa débeda omitindo o informe dos técnicos é porque quedaron 4 millóns de euros de remanente e depositados nas contas bancarias do Concello de Foz, 8 veces máis (según as actas de arqueo) que o que recibeu o PP no 2011, pola contra o endebedamento que recibiu o bipartito focense son 8 veces menos que o que recibiu o PP no 2011".

0.21938610076904