O PP de Lugo asegura que o Goberno local está dando pasos para subir os impostos

LugoXa
Denuncian a pouca consideración que socialistas e nacionalistas teñen co persoal municipal
concello-de-lugo-1
concello-de-lugo-1
4 Xul 2024

O PP alerta de que o Goberno local está dando pasos para subir os impostos aos lucenses. “Parécenos incrible que, a estas alturas e logo de 25 anos gobernando, non coñezan os números que teñen entre mans e que se vexan obrigados a externalizar a elaboración deste estudo” reflexionando que “que con este panorama é imposible que poidan xestionar os servizos públicos”. Refírense así tras a contratación dun Estudo Financeiro Económico, a través dun contrato menor de 15.000 euros, para xustificar un incremento dos recibos municipais.

Denuncian a pouca consideración que socialistas e nacionalistas teñen co persoal municipal e, así mesmo, lamentan a "desconfianza" de PSOE e BNG cos servizos públicos dado que, aseguran, o estudo Económico financeiro que externalizaron podería elaborarse con recursos propios os populares resulta preocupante que, unha vez máis, sexan as empresas privadas as que tomen decisións transcendentais na cidade.

“Agora tócalle á suba de impostos pero, tamén, fixeron o mesmo coa mobilidade do centro, unha materiapendente que xustifican cun informe a dedo a unha consultora”. O Partido Popular afea ao Goberno local por contratar un Estudo Económico Financeiro para o cambio da Ordenanza fiscal da taxa de recollida de residuos e pagar 15.000 euros por un traballo que se podería facer con medios propios.

Para os populares “esta contratación se fai de costas ao persoal municipal e sen transparencia”. Con este tipo de decisións “o Goberno local o único que manifesta é unha falta de confianza nos seus funcionarios” insistindo en que “hai un abuso deste tipo de mecanismos” tal e como proban os 246 contratos menores que se fixeron en tan só 4 meses de 2024 que supuxeron un gasto de 1.3 millóns de euros. “Vemos a un PSOE e un BNG inmerso nunha espiral de privatizacións” lembrando outros informes similares encargados a dedo como a proba de carga no aparcadoiro de Santo Domingo coa que xustifican os cambios de mobilidade”.

0.12599802017212