O PP de Lugo celebra este domingo o tradicional xantar da zona rural

LugoXa
O PP celebra este domingo a XIII edición do tradicional xantar da zona rural no Torre de Núñez presidido por Elena Candia.
Elena candia
Elena candia
26 abr 2023

O PP celebra este domingo, 30 de abril, a XIII edición do tradicional xantar da zona rural, evento que se vai desenvolver no Torre de Núñez  e as tarxetas están á venda na sede do PP, na rúa Poeta Ramón Cabanillas nº14, así como na oficina do Grupo Municipal na Casa do Concello, na Praza Maior”.

Unha das prioridades do proxecto de Elena Candia para a zona rural é dotar “de máis e mellores servizos as 54 parroquias do rural” afirmando que “hai que cambiar a dinámica, no PP queremos que vivir en calquera dos núcleos do rural non sexa un castigo senón unha oportunidade”.

A alcaldable do PP afirmou que as parroquias contan no seu modelo de municipio manifestando que “creo na zona rural, coñezo as súas parroquias e confío na súa veciñanza” a quen cualificou de “persoas valientes, traballadoras e honestas”.

Elena Candia afirma que coñece de primeira man as necesidades da veciñanza do rural de Lugo xa que percorreu, unha a unha, as 54 parroquias e escoitou as principais demandas dos seus veciños e veciñas situando como imprescindible “o arranxo das pistas, abastecemento e saneamento, mellorar a conectividade, máis frecuencias de transporte urbano, taxi a demanda ...”

A candidata do PP afirma que “os simpatizantes e afiliados do PP son unha forza imparable e moi entregada como así se demostrou no acto no que participaron máis de 600 persoas” explicando como “en menos de sete días, en dous actos de precampaña, mobilizaranse preto dun millar de simpatizantes”.