O PP de Lugo denuncia a "falta de dilixencia no control de gastos e no seguimento dos contratos” do Concello

LugoXa
Segundo trasladan a corporación municipal do PP, o documento de control interno do ano 2023 recrimina á alcaldía “por non aprobar un Plan de Acción para corrixir as deficiencias detectadas xa en exercicios anteriores na contabilidade, subvencións ou persoal”.
2 abr 2024

Segundo trasladan a corporación municipal do PP, o documento de control interno do ano 2023 recrimina á alcaldía “por non aprobar un Plan de Acción para corrixir as deficiencias detectadas xa en exercicios anteriores na contabilidade, subvencións ou persoal”. O PP explica que o informe de intervención “propón medidas sancionadoras pola falta de dilixencia no control de gastos e no seguimento dos contratos”

Mar Carballa denuncia a xestión do Goberno local: “O elevado número de modificacións presupostarias; o aumento dos recoñecementos extraxudiciais e o uso excesivo de contratos menores revelan que o goberno de Lugo leva a cabo unha xestión financeira pouco transparente e rigorosa”. A popular desvelou que en 2023 se fixeron 111 modificacións presupostarias o que apuntala o que o Partido Popular vén denunciando sobre “os orzamentos irreais e improvisados do Goberno local xa que hai un desfase entre o que se presuposta e no que finalmente se gasta”.

Tamén destacan que no Concello de Lugo disparouse en 2023 o importe destas operacións sumando os 7.6 millóns de euros unha cifra que case cuadriplica ao exercicio anterior que foi de 2.1 millóns de euros polo que “deixa claro que a administración local utiliza unha ferramenta que debería ser residual de forma habitual”.

Mar Carballas tamén explica que un mecanismo que debería ser excepcional e que tamén se está a converter en algo habitual son os contratos menores. No informe de intervención se alerta das “debilidades, deficiencias ou incumprimentos” indicando que que hai “unha excesiva utilización do contrato menor sen tramitación de procedementos de contratación que garantan o fomento dos principios de concurrencia competitiva, igualdade e non discriminación”.

Contratacións do Arde Lucus

Tamén poñen no punto de mira as contratacións vinculadas ao Arde Lucus e as festas do San Froilán advertindo que se “detecta a ausencia de publicación, se desoie a recomendación de ter como mínimo 3 ofertas para garantir o principio de transparencia e a redución da discrecionalidade por parte dos responsables do contrato”. Outro aspecto que trascende deste documento é o fraccionamento do obxecto dos contratos. A popular mencionaba os vinculados ás reformas de Parques e Xardíns xa que “en vez de adxudicalos, para un ou dous espazos, se se houbera planificado e tramitado nun único contrato de maneira global se houbera evitado o seu fraccionamento”.

A popular concluía que “resulta vergoñento e triste que nos últimos anos, no concello de Lugo cada vez haxa máis opacidade e se abuse desta fórmula administrativa que debería unicamente usarse para imprevistos”. Outro aspecto no que se fai fincapé no informe de intervención ten que ver cos servizos operados por empresas con contrato caducado co Concello. Carballas explica que no informe de intervención salienta que “os expedientes de prórroga dos contratos se deben iniciar con antelación, para que los técnicos poidan emitir os seus informes antes de que termine el contrato”.