O PP de Lugo esixe suprimir os pasos a nivel en Recimil

LugoXa
Os populares fanse eco das demandas veciñais, reclamando que se avance nas medidas adoptadas
pasos-a-nivel-recimil
28 Ago 2024

O PP de Lugo esixe a reanudación das obras de supresión dos pasos a nivel en Recimil tras anos de atrasos. A voceira popular, Elena Candia, acompañada pola deputada nacional Cristina Abades, o voceiro provincial Antonio Ameijide e o concelleiro Flor Rubinos, populares comprobaron "in situ" que os traballos están paralizados, a pesar da urxencia do proxecto.

Hai un ano, en xullo, dous mozos perderon a vida tras ser arroiados por un tren de pasaxeiros mentres cruzaban un dos pasos a nivel desta zona. Este accidente subliñou a necesidade de eliminar os tres pasos a nivel que existen nunha distancia de menos dun quilómetro en Recimil.

Despois do suceso, ADIF anunciou a clausura provisional do paso a nivel 424/010 ata que se eliminase de forma definitiva. Porén, os populares denuncian que, a día de hoxe, o plan de supresión dos pasos a nivel segue sen materializarse, e a medida "provisional" mantense sen avances visibles.

Os populares levan anos reclamando solucións. Xa en 2017 publicouse o prego para a redacción dun proxecto que viu a luz en 2019, pero, a día de hoxe, en 2024, ou ben está paralizado ou sen iniciar. Os populares fanse eco das demandas veciñais, reclamando que se avance nas medidas adoptadas ou se adopten solucións definitivas para evitar máis traxedias.

0.11923098564148