O PP de Lugo reclama o arranxo urxente do parque infantil de Aquilino Iglesias Alvariño

LugoXa
Os populares critican a resposta do goberno local, que apela ás prioridades e suxire usar outros parques, e esixen actuación inmediata con prazos definidos
parque-Aquilino-Iglesias-Lugo
22 Jan 2026

O Partido Popular de Lugo reclamou o arranxo inmediato do parque infantil situado na rúa Aquilino Iglesias Alvariño, no barrio da Abella, ao considerar que o seu estado actual supón un prexuízo para as familias e para a seguridade da cativada que fai uso destas instalacións. A formación cualifica de urxente a intervención municipal e demanda unha actuación inmediata.

Desde o goberno local, a resposta foi que os traballos de mantemento se realizan en función das prioridades establecidas e que a veciñanza da zona pode recorrer a outros parques infantís da contorna. Unha explicación que non convenceu aos populares, que consideran insuficiente e pouco adecuada esta postura por parte do Concello.

O PP entende que derivar ás familias a outros espazos non resolve o problema nin atende ás necesidades do barrio, polo que insiste na necesidade de reparar canto antes o parque e de establecer prazos concretos para a execución das obras. Segundo subliñan, trátase dun espazo de uso diario que debe reunir condicións axeitadas de seguridade e calidade.

⚙ Configurar cookies
0.089375019073486