O PP de Pol reclama ao alcande atención ás parroquias, como a de San Estevo

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O PP de Pol lamenta o abandono do goberno socialista de municipio coa veciñanza das parroquias, onde o concello “non atende as súas obrigas”.
parroquia san estevo de pol
29 Sep 2023

O PP de Pol lamenta o abandono do goberno socialista de municipio coa veciñanza das parroquias, onde o concello “non atende as súas obrigas”.

A voceira popular Nicole Grueira explica que “o malestar entre os veciños é notorio” e pon como exemplo a situación da parroquia de Santo Estevo “unha das máis afectadas pola falta de atención do concello”.

Nicole Grueira sinala que os camiños, resultado da concentración, “están moi deteriorados, sen asfaltar, sen desbrozar e sen limpar a maleza”. “Un abandono total, polo que instamos ao goberno local a que se dispoña a realizar o seu traballo e cumprir coas súas obrigas, neste caso desbrozar e limpar a maleza das pistas”, denunciou.

Os veciños e veciñas da parroquia de Santo Estevo de Pol “merecen vivir nunha parroquia limpa e en bo estado, pero o escaso interese do goberno municipal non permite que isto ocorra”.

O goberno socialista de Pol non está a realizar as tarefas necesarias para cumprir co seu deber. “É unha mágoa que teña que chegarse a este punto, que despois tras tanto tempo gobernando non sexan capaces de asumir as súas obrigas e haxa que recordarlle cales son as súas competencias e deberes cos veciños e veciñas de Pol”, rematou.

0.15957713127136