O PP de Ribadeo acusa ao alcalde de “falta de planificación” co aparcadoiro público

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Grupo Municipal Popular de Ribadeo acusa ao goberno de Fernando Suárez de “falta de planificación” para dotar dun aparcadoiro público á vila.
16 Nov 2019

O Grupo Municipal Popular de Ribadeo acusa ao goberno de Fernando Suárez de “falta de planificación” para dotar dun aparcadoiro público á vila. Os populares sinalan que “é moi necesario”.

A vicevoceira, Elena Sierra, lamenta que “despois de 16 anos de goberno do BNG o problema de aparcadoiro en Ribadeo siga sen solucionarse”. A concelleira explica que, neste tempo, “o señor Suárez so buscou terreos inservibles” porque “están sen adecentar” e o seu estado é “lamentable”. Sierra engade que “agora no inverno atópanse cheos de lama” e, polo tanto, resultan incómodos e pouco prácticos para os usuarios. Igualmente, critica a popular que “os vehículos que usan o aparcadoiro no verán tamén están sempre sucios”.

Dende o Grupo Municipal do PP critican “a improvisación e a falta de planificación do goberno local de cara á dotación dun espazo de aparcadoiro ben acondicionado”, igual que “noutros outros moitos asuntos de interese municipal”. 

Fronte a esta “desidia e inacción para dar solución a unha petición dos ribadenses, e tamén dos visitantes que levan unha mala imaxe da nosa vila”, dende o Grupo Popular ribadense recordan que “no noso programa electoral recollíamos un proxecto para dar resposta a estas necesidades actuais”. A este respecto, a concelleira popular Elena Sierra explicou tamén que “se Ribadeo conta cun aparcadoiro municipal é grazas á xestión dun goberno local do Partido Popular” á que “dende o BNG non souberon dar continuidade”.

0.073458909988403