O PP de Vilalba acusa ao Goberno local de condutas inapropiadas

TerraChaXa | LugoXa
Ao respecto da actual situación da Residencia de Persoas Maiores de Vilalba, a raíz da segunda onda da pandemia da covid-19, o Grupo Municipal do Partido Popular afeou algunhas condutas que considera "inapropiadas" por parte do eauipo de goberno".
20 Dec 2020

Ao respecto da actual situación da Residencia de Persoas Maiores de Vilalba, a raíz da segunda onda da pandemia da covid-19, o Grupo Municipal do Partido Popular afeou algunhas condutas que considera "inapropiadas" por parte do eauipo de goberno".

Así, por unha parte o PP asegura que "ninguén dubida que a referida situación demanda unha explicación axeitada do acontecido, por elemental sentido da responsabilidade, por respecto aos residentes, ao persoal e ás familias, e polo gran peso que a propia institución ten en Vilalba. Mais dende o Partido Popular lamentamos profundamente o feito de que a señora alcaldesa abrira de maneira imprudente un debate que, sendo necesario, non procede para nada neste momento.

Cando o problema aínda non está resolto, xa que segue a haber persoas afectadas pola enfermidade, o único que procede é pechar filas arredor da institución e amosar pleno e unánime apoio, solidariedade e afecto a todos os que alí están loitando para reverter a situación, así como, por suposto, aos propios afectados polo virus. Agora mesmo, abrir debates ou demada de explicacións, aclaracións e demáis, só serve para xerar tensións que non axudan en nada a este obxectivo prioritario de salvagardar a saúde".

Segundo explica o PP cando se recupere a normalidade, será o momento para que os órganos responsables da xestión, así como a representación dos traballadores, dean e expliquen a súa versión do acontecido para, a partir de aí, poder sacar as conclusións pertinentes. "Aventurar opinións ser ter constancia dos feitos é un exercicio pouco recomendable".

O PP cre necesario facer unha chamada de atención sobre a necesidade de rigor e responsabilidade ao respecto, para evitar comprometer o
futuro da institución. "Unha institución complexa e de xestión difícil, pola súa propia estrutura (unha fundación sen ánimo de lucro e un padroado que descansa unicamente no compromiso e sacrificio persoal de cada compoñente), e pola necesidade de facer fronte, con recursos escasos, a un escenario complicado por unha normativa cada vez máis esixente e un nivel de prestacións cada vez máis elevado", din.

Dende o Partido Popular lamentan e cesuran actitudes da alcaldesa que "denotan pouco tacto e poca prudencia". Por unha parte din que "non é de recibo, por sentido de lealdade institucional, que reclame publicamente explicacións antes de poñerse en contacto coa representación do padroado". Aclaran que ela mesma, precisamente na súa calidade de alcaldesa, forma parte do propio padroado da fundación, como membro de pleno dereito deste. "Polo tanto, ela no está fóra do acontecido, senón dentro, e cando fala de pedir explicacións debe ser consciente de que forma parte delas".

En relación co apuntado por Vilalba Aberta, "hai que subliñar que non debe confundirse o privado" coas privatizacións. A Residencia de Persoas Maiores de Vilalba nunca foi privatizada, sempre foi unha entidade con personalidade xurídica propia, baixo a forma de fundación
(Fundación Hospital Asilo de Vilalba). Polo tanto, non vemos baixo que fórmula legal podería o Concello reclamar a xestión directa da institución, salvo o escenario non desexado da súa propia desaparición, engaden.

0.19909691810608