O PP defende que os investimento en Sanidade “serán sempre unha prioridade na nosa provincia”

TerraChaXa | LugoXa
O Grupo Provincial do PP defendeu no Pleno deste martes que “os investimentos en Sanidade serán sempre unha prioridade na nosa provincia”.
26 sep 2017

O Grupo Provincial do PP defendeu no Pleno deste martes que “os investimentos en Sanidade serán sempre unha prioridade na nosa provincia”.

En relación coa Lei de Saúde os populares aproveitaron para explicar “co texto do anteproxecto na man” a modificación que pretende levar a cabo o Goberno galego da Lei 8/2008 que afecta a 15 artigos e que engade 3 máis pasando a ter 140 artigos. Esta modificación céntrase en sete apartados; no que atinxe á organización territorial hai unha modificación na participación social, modificación en persoal, en materia de formación e un novo título para unha comisión interdepartamental en materia de comisión e saúde, enumeraron.

Apuntaron que o que máis preocupou foi a organización territorial. No que a participación social se refire búscase simplificar a regulación dos órganos de participación tendo un a nivel autonómico e outros doutras áreas. “Imos estar máis próximos aos nosos veciños e veciñas”. Haberá tres niveis: ás áreas, distritos e as zonas. “O distrito, que é o que máis nos afecta na Mariña e Monforte defínenos como divisións das áreas, como un marco de referencia de atención primaria, hospitalaria e sociosanitaria no seu ámbito territorial e haberá 14 distritos que toman como referencia o hospital comarcal e mantendo a agrupación de concellos que xa existen”.

Desde o PP puxeron en valor dos aspectos da normativa. Dun lado, a transparencia no procedemento e que o texto íntegro, cumprindo a normativa, está no portal da transparencia para invitar ás súas achegas.

Así, puxeron en valor a convocatoria da Xunta na que se puido compartir unha reunión de traballo cos técnicos da Consellería “nun exercicio de proximidade e transparencia” sobre o texto normativo. Desde o PP animan a todo o mundo a facer as súas achegas, incluso á Deputación de Lugo. “Estamos á súa disposición, pero máis alá diso temos os mecanismos suficientes para facer as achegas que melloren o texto e non pedir a súa retirada. Podemos corrixir o que non sexa do noso agrado para mellorala”, engadiron.

O PSOE propuña en 2008 que a área de Burela desaparecera
Os populares preguntáronlle ao voceiro do PSOE se subscribía a proposta de ordenación sanitaria que en 2008 o seu partido pretendía poñer en marcha e non puido porque perderon as eleccións, pero é claro para ver cal era a proposta de organización de recursos sanitarios na provincia. A área de Burela que agora defende desaparecía ata tal punto que pasaba a incluírse na área sanitaria de Ferrol. Definíase como zona sanitaria da costa.

A voceira do PP, Elena Candia, asegurou que “temos moito que aprender dos profesionais sanitarios. Participei como acompañante dun doente e só teño palabras de agradecemento pola súa entrega e profesionalidade de poder ter ese hospital e que todos os políticos que gobernaron axudaron a que teñamos un hospital máis grande, pero sen dúbida a grandeza dana os profesionais sanitarios. Temos moito que aprender, queremos poñernos á súa disposición e enriquecer ese texto, leccións do PSOE ningunha, posto que aí está ese mapa que non creaba nin mantiña a área de Burela, que se incluía na área de Ferrol”.

Investimentos nos hospitais da Costa e Monforte
Desde o PP poñen en valor os investimentos que se veñen producindo no Hospital da Costa e no de Monforte. “O PP ten unha parte de responsabilidade, pero todos os grupos impulsaron o crecemento en calidade e cantidade neses hospitais”. Así, a licitación na Costa de máis de 10 millóns de euros só en obra desde o 2012 ata o 2017 e en Monforte os equipamentos desde o 2013 de preto de 1,5 millóns de euros.

0.21222615242004