O PP di que o proxecto das ramplas desmarca ao Goberno local da praia fluvial

LugoXa
Dende o partido piden un entendemento entre as tres administracións para que haxa unha zona pública de baño
acena-de-olga-praia-fluvial-colexio-ponte
Río Miño
11 Xuño 2024

O PP di que “a colocación de rampas de no Miño” é a confirmación de que o goberno local rectifica e se desmarca do proxecto da praia fluvial

Os populares lembran como en febreiro os socialistas e nacionalistas votaron en contra dunha iniciativa de autoría do PP para que Xunta, CHMS e Concello traballasen de forma conxunta para dotar a Lugo dun espazo de baño público e buscar a alternativa máis viable para que a cidade dispuxera dun lugar de baño no Miño.

Os populares ven na proposta que vén de anunciar a alcaldesa de Lugo, de colocar dúas ramplas para facilitar o baño no río, como “un recoñecemento explícito da socialista de que renuncia a un proxecto que o PSOE que levaba dende o ano 2016 defendendo”

Os populares insisten en que “a día de hoxe descoñecemos os motivos do atraso á hora de tomar esta decisión lembrando como, recentemente, nun pleno incluso chegaron a ameazar con que levarían á Xunta de Galicia ao xulgado por esta cuestión”.

Para os populares a intervención que agora poñen riba da mesa é a confirmación de que “aparcan a idea de colocar plataformas no Miño, que xa teñen compradas e almacenadas nunha nave do Corgo, porque saben que é irrealizable que se autorice tal e como lles advertía un informe da UNESCO emitido en xuño de 2023.

O Comité Científico Español emitiu un ditame rotundo e desfavorable á intervención que o goberno local pretendía levar a cabo nesta zona da Tolda de Lugo.

Dende o PP explican diante deste novo contexto que "se ben parece que tiveron en conta as recomendacións dende o punto de vista medio ambiental, quedan outros aspectos preocupantes, non porque o diga o PP senón que o advirte o informe da Unesco”.

"Hai que lembrar que se apuntaba que a localización, que se vai manter, non é a idónea ao supoñer un lugar inseguro para os bañistas debido ao pouco calado que hai", din.

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular piden “entendemento e implicación de todas as administracións (Concello, Xunta e Confederación Hidrográfica Miño Sil) para que os lucenses teñan unha zona de baño pública no Miño o máis axiña posible” e reivindican “que sexa un espazo seguro e respectuoso co medio ambiente”.

0.18518900871277