O PP dirá hoxe se apoia ou non a aprobación do PXOM
O Partido Popular dirá ao longo do día de hoxe cal será o seu voto, no pleno extraordinario de mañá, con respecto a aprobación do 5% do PXOM do Concello de Lugo. Así o anunciaron onte dende o grupo municipal tras manter unha reunión co edil de Urbanismo, Álvaro Santos Ramos.
Os populares amosaron a súa satisfación “polo ton das conversas e o marco de harmonía no que se desenvolveu a reunión que mantiveron co concelleiro de urbanismo, Álvaro Santos, para tratar algúns aspectos da documentación relativa ao 5% do PXOM pendente de aprobación” engadindo que “estamos terminando de nalizar e revisar o expediente para votar o xoves no pleno con responsabilidade”.
O vicevoceiro popular Antonio Ameijide agradeceu a boa disposición do edil socialista que “está dándonos todas as facilidades para consensuar, ogallá que a alcaldesa tivera esa mesma actitude e man esquerda”, subliñou en alusión á negativa de Méndez de aprazar o pleno da semana pasada para darnos máis tempo a estudas os documentos e planos.