O PP inicia unha serie de reunións nas parroquias para falar do PXOM

LugoXa
O Grupo Municipal do PP inicia hoxe unha serie de 14 encontros abertos para a veciñanza co obxecto de detallar como queda definitivamente o planeamento na súa zona e contestar as dúbidas da cidadanía sobre o PXOM.
pp lugo candia presentacion
15 Nov 2023

O Grupo Municipal do PP inicia hoxe unha serie de 14 encontros abertos para a veciñanza co obxecto de detallar como queda definitivamente o planeamento na súa zona e contestar as dúbidas da cidadanía sobre o PXOM.

Esta semana teñen lugar sete xuntanzas centradas en dar información sobre os ámbitos da zona rural que se desenvolverán entre o mércores día 15 de novembro ata o sábado 18 de novembro nos locais sociais de Saa; Meilán, Orbazai, Castro, Esperante, Romeán e Teixeiro.

A seguinte semana o Grupo Popular estará nas contornas próximas a espazos urbanos como son Ceao, Ramil, A Campiña, zona de Alto, Galegos, Ronda Norte e San Lázaro.

0.20047903060913