O PP pide explicacións pola redución de actividades do Lugo Máxico mentres subiu o orzamento

LugoXa
O popular indicou que chegou haber ata 59 actividades e cun presuposto menor en alusión á edición 2019
Javier-Vázquez-PP-Lugo
28 Out 2024

O edil do PP, Javier Vázquez, explicou que o Lugo Máxico de 2024 alcanzou o maior orzamento da súa historia, de 48.000 euros, pero reduciu o número de actividades con respecto a anos anteriores.

O popular indicou que chegou haber ata 59 actividades e cun presuposto menor en alusión á edición 2019, onde o orzamento foi de 40.000 euros.

"Tamén resulta paradóxico que nos anos de pandemia se realizasen máis actividades que este ano a pesar das restricións sanitarias", comenta, e que “a decisión unilateral do BNG de cambiar de produtora no ano 2022 foi negativa, tanto na calidade coma na cantidade da programación, tal e como se puido visualizar tanto nas galas como nas actividades da rúa con apenas público".

Ademais, di que na comisión do venres, a concelleira Maite Ferreiro recoñeceu que decidiron cambiar as localizacións e que optaron por representacións de maxia nos barrios, confirmando que deixaron de ir a ASPNAIS, COGAMI, ADACE... centros de día, ociotecas, cas adas linguas ou MIHL.

Para Javier Vázquez, “un evento cun maior financiamento e que xa alcanza a décima edición debería traducirse nunha oferta máis diversificada e atractiva”.

E critica que a edil Maite Ferreiro á pregunta do Grupo Municipal de cantas entradas se venderon para as 3 galas celebradas no Auditorio Gustavo, contestou que participaron “1.300 persoas”, o que supón o 42 % do aforo.

Fronte a este "fiasco" o popular indica que as dúas galas do Lugo ilusiona que organizou a Xunta tivo un cheo do aforo na mesma localización, polo que conclúe que “algo falla na organización deste evento por parte do Concello de Lugo”.

Nese senso, criticou a falta de transparencia no desglose de gastos para xustificar por que, cun orzamento máis alto, a oferta sexa máis limitada. "Queremos saber os motivos polos que se nos oculta esta información, e porque non figura no expediente detalles sobre os orzamentos de magos contratados".

Contestación do Concello

”O PP, no seu labor de oposición, debería estar máis preocupado polos preto de 80.000 euros que costou unha única gala de maxía promovida pola Xunta de Galicia que polos 48.000 que investiu o Concello de Lugo en 16 actividades de maxia. Entre esas 16 actividades estaban: esposicións, conferencias, maxía na rúa, obradoiros, actividades no HULA e 4 galas (entre elas 1 internacional)”, dixo Maite Ferreiro.

O ciclo Galicia Ilusiona, patrocinado pola Xunta de Galicia, supuxo un gasto 402.930 euros para as 7 cidades galegas e o importe das entradas foi destinado á organización do evento.

O promotor do evento puido recadar en Lugo 26.560 euros de entradas e a parte proporcional dos 402.930 euros (57.561 euros) o que daría unha cantidade de 84.121 euros, concluíu.

0.20800495147705