O PP reclama a renovación da estrada LU-P-2406 para garantir a seguridade viaria en Guntín

LugoXa
Ángel Pérez, alcalde de Guntín, agarda que se teña en conta esta reivindicación xa que “unhas vías de comunicación en bo estado son fundamentais
Ameijide-e-Pérez-LU-P-2406-Guntín
16 May 2025

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, xunto ao alcalde de Guntín, Ángel Pérez, comprobaron o estado da estrada provincial LU-P-2406, que precisa dunha renovación inmediata para garantir a seguridade viaria.

Antonio Ameijide explica que nesta estrada “hai moitos puntos nos que é complicado que se crucen dous vehículos” polo que pide que se estude a posibilidade de ampliala, naqueles puntos nos que sexa posible, cando se proceda a súa renovación para garantir a seguridade na circulación.

Ameijide tamén incide na necesaria renovación do pavimento, moi danado en numerosos puntos, así como o desbroce da vexetación, a poda das árbores, a renovación da sinalización vertical, o repintado da sinalización horizontal e a limpeza das cunetas para garantir que se canaliza correctamente a auga e que esta non discorre polo firme, “aumentando o dano ao asfalto ademais de diminuír a seguridade viaria”.

Pola súa banda, o alcalde de Guntín, Ángel Pérez, agarda que se teña en conta esta reivindicación xa que “unhas vías de comunicación en bo estado son fundamentais, sobre todo en municipios eminentemente rurais como Guntín, nos que practicamente todos os veciños precisan desprazarse a diario nos seus vehículos para ir a traballar, ao médico ou á escola, polo que ter unhas vías en condicións dignas de seguridade é vital”.

⚙ Configurar cookies
0.17635893821716