O PP ribadense pide un plan de traballo que garanta a recollida do lixo diariamente

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A vicevoceira do Grupo Municipal do PP de Ribadeo, Elena Sierra, lamenta que “o señor Fernando Suárez non nos ofrecera ningunha resposta sobre a recollida do lixo” despois de terlle solicitado que “repensara a decisión” de suprimir o servizo nos días festivos para evitar “un caos” que repercutiría nunha “mala imaxe para o pobo e para o turismo”.
10 Xan 2020

A popular engade que “coma sempre, non escoitamos unha contestación por parte de Fernando Suárez”, pero “si nos di o concelleiro de Medio Ambiente que se reduce o servizo de recollida do lixo para contribuír a conciliar a vida laboral e familiar dos traballadores”. Polo tanto, Elena Sierra pregúntase “se ata agora non se respectaba o descanso dos operarios do servizo”.

A concelleira do PP ribadense solicita ao goberno local do BNG “menos escusas e máis solucións”. Nese sentido, dende o Grupo Municipal Popular de Ribadeo demandan un plan de traballo que respecte as condicións dos traballadores” e que, ao mesmo tempo, “o servizo de recollida do lixo continúe a desenvolverse diariamente no noso municipio”.

Sierra critica que “o goberno local elimina un servizo público, pero o concelleiro de Medio Ambiente segue cobrando a súa dedicación exclusiva”. 

0.12693786621094