O PP solicita a cobertura inmediata de conserxes nos CEIP de As Mercedes e no Casás
LugoXa
Os populares afirman que nestes dous centros están desbordados, xa que non hai quen atenda as chamadas e o peche das instalacións
30 sep 2024
O Partido Popular recrimina ao goberno local que, dúas semanas despois de iniciarse o curso escolar, no CEIP de As Mercedes e no Casás seguen sen persoal. O concelleiro popular Javier Vázquez explica que “é preocupante a falta de planificación do goberno bipartito de Lugo”, incidindo en que “tiñan constancia dende o mes de xullo desta problemática e que non fixeron nada para solucionar situación”. Os populares afirman que nestes dous centros están desbordados, xa que non hai quen atenda as chamadas e o peche das instalacións polo que se sobrecarga aos equipos directivos coas funcións que corresponden aos conserxes.