O PPdeG destaca o impulso que suporá para o polígono das Gándaras a mellora das redes de comunicación

LugoXa
Cristina Sanz e José Manuel Mato subliñaron que, “estamos a falar dun espazo totalmente consolidado no que xa están asentadas máis de 130 empresas"
proxecto-urbanizacion-pp-as-gandaras
20 Dec 2025

Os deputados do Grupo Popular Cristina Sanz e José Manuel Mato salientaron hoxe o impulso que recibirá o polígono industrial das Gándaras en Lugo coas obras de mellora das redes de comunicación e a súa conexión exterior que realizará a Xunta, para as que destinará o vindeiro ano 5,6 millóns de euros.

Cristina Sanz e José Manuel Mato subliñaron que, “a pesar de que falamos dun polígono industrial novo, estamos a falar dun espazo totalmente consolidado no que xa están asentadas máis de 130 empresas”.

Ademais destas obras de comunicación e mellora dos accesos, a Xunta xa está a traballar nunha nova ampliación do polígono industrial das Gándaras. En concreto, está previsto a urbanización de dúas novas fases que superan os 350.000 metros cadrados, coas que a capacidade deste parque achegaríase aos 1,6 millóns de metros cadrados.

“O compromiso do Goberno galego coa industria e o desenvolvemento económico de Lugo e de toda a provincia é total, e a mellor mostra disto témolo neste polígono das Gándaras, no que a Xunta xa leva investidos máis de 60 millóns de euros tanto na dotación de solo industrial como nos accesos ou na mellora da seguridade”, indicaron os deputados populares.

⚙ Configurar cookies
0.084625959396362