O PPdeG pídelle ao Goberno central que teña en conta o colapso do viaduto da A-6 nos Orzamentos Xerais de 2023

LugoXa
O Partido Popular de Galicia pídelle ao Goberno central que teña en conta o colapso do viaduto da autovía A-6 nos Orzamentos Xerais de2023
Minones viaducto A6
18 Jul 2022

O Partido Popular de Galicia pídelle ao Goberno central que teña en conta o colapso do viaduto da autovía A-6 nos Orzamentos Xerais de 2023, concretamente, que inclúa xa unha partida para a solución definitiva.

“Nestes momentos supoñemos que se estarán debuxando xa as liñas orzamentarias para o vindeiro ano, e agardamos que o Goberno de España sexa sensible con Galicia con esta cuestión, esa que non amosou noutros eidos en contas anteriores”, sinala a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado.

Os populares galegos consideran que o Executivo debe ter en conta este viaduto nos próximos Orzamentos pola “necesidade e importancia” desta infraestrutura na conexión da Comunidade coa meseta. Prado lembra que hai case 40 días que colapsou o viaduto do Castro e a día de hoxe “non se coñecen as causas nin temos unha alternativa provisional completa”, polo que o martes, na reunión técnica convocada coa Xunta, o Ministerio ten a oportunidade de dar a coñecer ambas cousas.

“O Ministerio parece que rectificou, dándose conta que a súa primeira proposta era ineficaz e incompleta, tal e como lle avanzara a Xunta. Agora o que queremos saber é se hai unha alternativa para que poidan circular os transportes especiais e se poidan garantir os 4.000 empregos que dependen do sector eólico”, propón a secretaria xeral, que tamén ve necesario coñecer cando vai estar operativa a devandita alternativa provisional.

0.15782785415649