O programa Afinidades Electivas celebra dous encontros en librerías lucenses

LugoXa | AMariñaXa
Duas librerías lucenses acollerán en setembro dous encontros entre escritores dentro do programa Afinidades electivas
libros
19 sep 2022

Duas librerías lucenses acollerán en setembro dous encontros entre escritores dentro do programa Afinidades Electivas que organiza a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, do Ministerio de Cultura e Deporte.

A iniciativa, posta en marcha en 2020 a través da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, reúne a dous autores que  escriban en diferentes linguas de España en librerías independentes para falar das súas semellanzas, diverxencias ou conexións.

En Lugo o encontro será en La voz de la verdad o día 22 de setembro e reunirá a Ana Basanta e Clara Fortes. O segundo encontro terá lugar en Foz na libreria Baía o 30 de setembro e reunirá a  Xesús Fraga e Noemí G. Sabugal.

O obxectivo é impulsar a actividade das librerías independentes e  dos autores e autoras, tras unha das maiores crises vividas polo sector. Así, a creación, a pluralidade e diversidade lingüística e literaria serán os protagonistas dos encontros.

O título, Afinidades Electivas inspírase na obra homónima de Goethe, que defende que "só se pode entender o alleo ao entender aquilo co que es afín".

0.14388108253479