O programa de rutas de sendeirismo Goza do Ulla 2023 volve este ano con máis forza
O programa de rutas de sendeirismo Goza do Ulla 2023 volve este ano con máis forza. Malia que xa comezou cunha ruta polo concello de Dodro, seguirá na comarca lucense o 26 de agosto en Monterroso.
Este proxecto ofrece un total de vinte rutas de sendeirismo para desfrutar con toda intensidade do río Ulla dende o pasado mes de xuño ata outubro.
Así, en agosto poderase desfrutar da ruta monterrosina, A pena do corvo e o muíño do alemán, de aproximadamente uns 5 quilómetros. Ao día seguinte días será por Rianxo.
Xa en setembro tocará Palas de Rei, exactamente o día 23, e poderase facer a ruta das Torrentes de 6 quilómetros. E o 22 de outubro será a quenda de Ulloando polo nacemento, un percorrido de 12 quilómetros.
O programa Goza do Ulla consolídase como unha iniciativa exitosa para fomentar o turismo sostible e descubrir a riqueza natural e cultural que alberga o río Ulla e os seus arredores.
A programación para o 2023
- Dodro - Brañas de Laíño, 10 de xuño
- Boqueixón - Roteiro de Pescadores e Río Grande, 22 de xullo
- Vedra - Ruta de San Xoán da Cova, 6 de agosto
- Pontecesures - Ollando o Ullán, 20 de agosto
- Monterroso - A pena do corvo e o muíño do alemán, 26 de agosto
- Rianxo - As tres cruces, 27 de agosto.
- A Estrada - Os sons do Ulla, 2 de setembro
- Agolada - A canle de Ramil, 9 de setembro
- Vilagarcía - Do embalse de o Con ao miradoiro da Cruz de Xiabre, 10 de setembro
- Vila de Cruces - Gres a Remesquide, 16 de setembro
- Arzúa - Ruta da Fervenza das Hortas, 17 de setembro
- Palas de Rei - Ruta das Torrentes, 23 de setembro
- Silleda - Praia de Cira ata Couto do Castro, 24 de setembro
- Catoira - Os muíños de vento e Camiño Real, 1 de outubro
- Touro - Riberira do Ulla, 7 de outubro
- Padrón - Polas beiras do Ulla, 14 de outubro
- Teo - Ribeira teense do Ulla, 28 de outubro
- Santiso - Cornella, 21 de outubro
- Antas de Ulla - Ulloando polo nacemento, 22 de outubro
- Valga - O Ulla entre telleiras e outros comercios, 28 de outubro