O proxecto 'Fai deporte' chega ao IES San Rosendo de Mondoñedo
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
15 Jan 2020
O Concello de Mondoñedo organiza no instituto de Mondoñedo o proxecto Fai deporte, un proxecto de competicións deportivas de deportes de equipo, e deportes individuais que busca dinamizar os recreos do centro educativo.
Creouse unha páxina na internet onde os alumnos e alumnas do centro IES San Rosendo poden apuntarse ás competicións. É importante destacar que os deportes de equipo buscan a participación mixta dos mesmos.
A parte das competicións realizaranse concentracións ou convivencias con outros centros.
Para informarse deste proxecto poden chamar ao teléfono 605790091, ou ben entrar na ligazón https:// proxectofaideporte. blogspot. com/