Nace o Proxecto Persoas, un proxecto de baloncesto inclusivo

LugoXa
A Fundación Breogán crea o Proxecto Persoas para achegar o balonces a persoas con diversidad funcional en idade infantil e adolescente
Proxecto Persoas portada
Proxecto Persoas portada
10 feb 2023

Nace en Lugo o Proxecto Persoas, promovido pola Fundación Breogán en convenio coa Vicepresidencia da Deputación, proxecto social e inclusivo que responde á necesidade de ofrecer actividades relacionadas coa práctica deportiva, neste caso o baloncesto entre persoas con diversidade funcional, en idade infantil ou adolescente que actualmente non dispoñen de ningún tipo de oferta neste sentido.

O proxecto Persoas pretende ofrecer unha actividade inclusiva que permita practicar baloncesto nas mellores condicións posibles, isto implica dispor dunha pista (pista principal do Pazo Dos Deportes) adaptada ás súas necesidades, sen barreiras arquitectónicas e con todo o material preciso e tamén supón dispor de adestradores, monitores, terapeutas e demáis persoal familiarizado no traballo con este grupo de persoas.

A actividade desenvolveranse na pista principal do Pazo dos Deportes todos os xoves, de 16.00 a 17.15 horas, durante os meses de marzo, abril, maio e xuño. As sesións estarán dirixidas por Salva Arco, ex xogador do CB Breogán e director da Fundación Breogán, e Ángel Nadela, adestrador de baloncesto con experiencia no traballo con este grupo de persoas, que contarán co apoio de persoal dos colectivos que apoian este proxecto como Cogami, Down Lugo, Alume Saúde Mental, Raiolas Lugo ou Adace.

Complementariamente á práctica deportiva, organizaranse actividades como visitas dos xogadores do C.B. Breogán ós adestramentos, asistencia a encontros do C.B. Breogán ou exhibición durante o descanso dun dos  encontros, buscando normalizar a nivel social a práctica deportiva das persoas con discapacidades, xenerar as mesmas oportunidades entre as
persoas con discapacidade e as que non as teñen, axudar na mellora do seu nivel de desenrolo motor e socio-afectivo, así como aumentar a súa autoestima, confianza ou autonomía.

O xoves 16 de febreiro celebrarase unha xornada de portas abertas nas que as persoas interesadas na actividade poderán probar de primeira man o seu funcionamento e recibir a información que precisen. A participación require inscrición previa, a través do seguinte formulario.

Proxecto Persoas