O día 8 emerxencias organizan un simulacro de incendio entre Portomarín e Taboada

LugoXa | RibeiraSacraXa
O próximo día 8 os servizos de emerxencias organizan un simulacro de incendio entre os concellos de Portomarín e Taboada
bombeiros ges emerxencias2
2 Xuño 2023

A Delegación Territorial de Lugo acolleu hoxe unha reunión preparatoria do simulacro de incendio forestal que se levará a cabo o próximo xoves, día 8, nunha zona límite entre Portomarín e Taboada.

Na xuntanza participaron representantes do Servizo de Emerxencias da Xunta, o Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural, a Garda Civil, a Subdelegación do Goberno, Policía Autonómica, Consorcio de Bombeiros, Cruz Vermella, 061, e GES de Monterroso.

O simulacro consistirá na activación do Plan Especial de Incendios Forestais de Galicia en situación 2, con risco para bens non forestais e persoas alleas á extinción. O posto de mando avanzado instalarase na base de helicópteros do Servizo de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural en Portomarín. Coordinará un escenario hipotético no que se unirían dous lumes, un deles procedente do distrito 8 (Terra de Lemos) e o outro do distrito 9 (Lugo-Sarria).

0.15977716445923