O próximo domingo Castroverde celebra a súa XV Feira de Artesanía e Gastronomía
O 21 de agosto Castroverde acolle a súa XV Feira de Artesanía e Gastronomía que contará con demostracións de oficios tradicionais, degustación de produtos gastronómicos e actuacións musicais.
Ás 10.00 será a apertura da feira e ás 11.00 dará comezo unha concertación de motos e coches clásicos no recinto feiral. A recepción de autoridades terá lugar as 12.00 e irá acompañado da actuación da Asociación Cultura e Musical Zuncurrundullo con un percorrido polo recinto feiral.
Entre as actividades do día destacan a elaboración de esculturas de madeira con motoserra a cargo de Eugenio Linares, diferentes actuacións entre as que se atopan a da charanga Louband, unha actuación de circo a cargo da compañía AsSircópatas ou un espectáculo de maxia a cargo do Mago Rafa.
Tamén haber un cantar típico galego e festa de incurables na piscina municipal.