O próximo sábado terá lugar a II Polavila Naviega

A Asociación de Veciños Irmandade Naviega organiza en Navia a II Polavila Naviega, unha xornada chea de música polas rúas da vila
Cantos Taberna Navia portada
Cantos Taberna Navia portada
20 Nov 2022

O próximo sábado 26 de novembro a Proba de Navia acolle a segunda edición de Polavila Naviega organizado pola Asociación de Veciños Irmandade Naviega.

A partir das 20.00 horas as rúas e os bares da vila encheranse de cantos de taberna  nos que soará a música das gaitas, dos tambores e das pandeiretas.

0.19457411766052