O próximo sábado terán lugar as III Xornadas de Atención Sociosanitaria
O Vello Cárcere acollerá o sábado, 1 de outubro, as Xornadas de Traballo de Atención Sociosanitaria ás Persoas Maiores que se desenvolve por terceiro ano consecutivo. Na programación recoñecidos expertos abordarán temas clave para o envellecemento activo para un colectivo que representa o 22% da poboación de Lugo de máis de 65 anos.
A celebración das xornadas faise coincidir co Día Internacional das Persoas Maiores e planifícanse ao redor de dous conferencias maxistrais e tres mesas de traballo sobre a prevención da fraxilidade para acadar unha mellor calidade das persoas maiores, diminuíndo os procesos de dependencia ou discapacidade, e os coidados da saúde, onde participarán prestixiosos profesionais, galegos e de ámbito nacionais, en xerontoloxía e enfermería, traballadoras sociais e responsables de centros de día.
O obxectivo deste foro é realizar una reflexión sobre como mellorar os mecanismos para acadar unha poboación maior máis autónoma e con maior capacidade funcional. “O compromiso deste Goberno Municipal e, moi especialmente o da alcaldesa, coas persoas maiores, viuse acrecentado nos últimos anos como consecuencia da terrible pandemia”, subliñou Olga López, que manifestou que “non se deben escatimar esforzos que contribúan a facerlles a vida máis fácil ás persoas maiores porque o seu dereito a levar vidas dignas e plenas na súa comunidade é irrenunciable”.
As xornadas terán carácter aberto e gratuíto e ademais, con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, tras as mesmas, ás 19.30 horas, o Concello celebrará unha chocolatada popular con baile no Cantiño Nemesio Cobreros (a carón do Vello Cárcere).
Tras a inauguración, que presidirá a alcaldesa de Lugo, ás 9.00 horas, José Augusto Garíca, presidente da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía, falará sobre as oportunidades e ameazas para un envellecemento exitoso. Nas mesas de debate posteriores participarán expertas do Servizo de Xeriatría do HULA como a xefa do Servizo, María del Rocío Malfeito; a médica especialista Beatriz Ares, a médica interna Vanessa Álvarez; e a xeriatra Laura Gamonal; así como María Zuluaga, xefa de sección do Servizo de Benestar Social do Concello de Lugo, ou Dolores Moure Rodríguez, traballadora social do HULA, entre outros.
A charla maxistral correrá a cargo de Vicente Pérez Cano, director da Confederación Estatal de Maiores Activos (CONFEMAC), e José María Faílde Garrido, presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, pechará as xornadas.