O PSdeG acusa a Elena Candia de poñer trabas ao seu mitin de peche de campaña en Lugo

LugoXa
Os socialistas denuncian dificultades para conseguir locais cubertos e autorización para instalar unha carpa nunha praza pública, aínda que aseguran que manterán o acto previsto para este venres
cesar-mogo-e-patricia-otero-PSOE-candidatos-congreso-2026
26 Nov 2026

O Comité Electoral do PSdeG-PSOE da provincia de Lugo acusou a alcaldesa, Elena Candia, e ao Partido Popular de poñer obstáculos á celebración dos actos de campaña das formacións políticas que non son o PP na cidade. Os socialistas denuncian que non poderán utilizar varios dos espazos de maior capacidade para o peche de campaña deste venres 27 de novembro, último día da campaña electoral.

Segundo explican, non están dispoñibles o Auditorio Municipal Gustavo Freire, o Fuxan os Ventos nin as instalacións dos institutos Politécnico e Lucus Augusti. Ante esta situación, solicitaron autorización ao Concello para instalar unha carpa nunha praza pública, pero aseguran que seguen sen recibir unha resposta por escrito e que o Goberno local está a poñer impedimentos á colocación desta estrutura. Tamén apuntan á negativa da Delegación Territorial de Educación da Xunta a permitir o uso doutras instalacións educativas cubertas.

O comité electoral socialista considera que esta sucesión de dificultades non é casual e acusa o PP de utilizar as institucións con fins partidistas. Reclama igualdade de condicións para todas as formacións que concorren ás eleccións e asegura que, malia os impedimentos denunciados, o PSdeG celebrará o seu mitin de peche de campaña en Lugo durante a tarde deste venres, tal e como estaba previsto.

0.22447991371155