O PSdeG de Baleira traslada á Deputación as principais demandas da veciñanza do municipio

LugoXa
José Tellado reuniuse coa presidenta provincial, Carmela López, para abordar cuestións vinculadas ás estradas e aos servizos públicos locais
PSdeG-Baleira-Reunión-Deputación
18 May 2026

O voceiro do PSdeG-PSOE en Baleira, José Tellado, mantivo unha reunión de traballo coa presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, co obxectivo de trasladarlle as principais necesidades e demandas da veciñanza do municipio.

Durante o encontro abordáronse distintas cuestións relacionadas coas infraestruturas e cos servizos públicos do concello, entre elas a necesidade de continuar avanzando na conservación da rede viaria provincial, considerada fundamental para garantir a mobilidade diaria e a conexión entre os distintos núcleos de poboación de Baleira.

Tellado puxo en valor a colaboración institucional coa Deputación de Lugo para atender as necesidades dos concellos rurais e seguir impulsando actuacións orientadas a mellorar a seguridade viaria, as comunicacións e a calidade de vida da veciñanza.

“O noso obxectivo con esta reunión era trasladar en primeira persoa á presidenta da Deputación as demandas das nosas veciñas e veciños, especialmente no referido ás estradas provinciais, que son fundamentais para a vida diaria da xente e para a actividade do rural”, sinalou o portavoz socialista.

Desde o PSdeG de Baleira aseguran que continuarán traballando para dar resposta ás demandas da cidadanía e abrir novas vías de colaboración institucional que permitan avanzar en melloras útiles para o municipio.

0.11260390281677