O PSdeG de Portomarín denuncia o deterioro da pista de acceso a San Xulián, en Caborrecelle

O Grupo Municipal Socialista de Portomarín denunciou o mal estado no que se atopa a pista de acceso a San Xulián, na parroquia de Caborrecelle.
Segundo sinalan os socialistas, a vía presenta un pavimento moi deteriorado e con numerosos baches, ademais de cunetas sen limpar e cubertas de broza. Desde o grupo municipal consideran que o Concello de Portomarín non prestou a atención necesaria á zona, especialmente despois da recente celebración das festas parroquiais.
A formación critica a falta de mantemento das pistas e asegura que os veciños e veciñas da parroquia merecen unhas infraestruturas en mellores condicións. Neste sentido, anuncian que levarán o estado desta vía ao próximo pleno municipal para reclamar o seu arranxo “o antes posible”.